O sol do Condado observa dende hai 12+1 anos o ir e vir de persoas que compartiron e comparten con nós un espazo, agora lonxe e baleiro, pero que agarda ansioso a volta aos días de conversas, xogos, risas, festas, aniversarios, saídas, visitas, entroidos interminables, que despiden á nosa lamprea cada ano, manxar de río que degustamos nesta terra, irmandada co noso veciño Portugal, ao que observamos orgullosos dende as nosas enormes fiestras. O Condado, terra que regan uns viños de calidade, que acompañan ao delicado requeixo de As Neves. Volverán como un agasallo as mañás nas que, cun enorme sorriso e unhas inesgotables ganas de vivir, sonarán cancións tradicionais, sentirase o murmurar mentres os lapis e pinturas se converten en instrumentos de traballo, ! Bingo ! volverán a berrar ledas, as agullas e teas encherán as mesas, a lá volverá a transformarse en delicados pompóns, cun simple papel crearán unha bonita flor, coidarán con esmero as plantas... e seguiremos aprendendo xuntos e medrando como equipo. Un equipo formado de xeito habitual por Patricia como psx, como xerocultoras Ana, Elvira, Berta e Cristina, Rosa como educadora social, Sandra como psicóloga e Isabel como traballadota social e directora, pero do que tamén forman parte neste momento Mónica como traballadora social, Natalia como psx e Beatriz como Educadora social.